Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco”  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto do río polo que os cans terán sitios onde refrescarse e beber. Esta é unha ruta verdadeiramente espectacular, non a podedes perder!

A ruta non é circular e ten uns 7 km, iso si, se o tempo acompaña recomendamos levar traxe de baño pois hai lugares onde seguro se prestará un baño refrescante.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 11 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , ,

  1. #1 por pablofreire o 20 Xuño, 2012 - 19:00

    Pablo , Noa e Seville apuntanse a tirarse da fervenza.

    • #2 por Lourdes Sánchez Domínguez o 21 Xuño, 2012 - 16:36

      non te preocupes, que se te faltan reaños xa che axudo eu.

      • #3 por Manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:12

        Ti anímao, que Pablo salta cara abaixo e logo cara arriba.

    • #4 por Manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:06

      Non pluralices.

  2. #5 por David o 21 Xuño, 2012 - 20:24

    Marta, David y Jordee van!

  3. #6 por Anónimo o 22 Xuño, 2012 - 11:03

    son maria,bu e susana vanse tirar a fervenza, piroco non , amiña nai se poñedes calentador, e manuel xa non ten edade

    • #7 por Manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:10

      ¿De que non ten idade Manuel? ¿De tirarse? ¿De decidir se se tira?
      Os Manueles podemos facer iso e máis… o que pasa é que somos tímidos.

  4. #8 por Rosa (Lupa) o 26 Xuño, 2012 - 12:38

    Ramón, Rosa e Lupa tamén van, pero da fervenza non nos tiramos!

    • #9 por Ramon o 28 Xuño, 2012 - 19:24

      Bah, se total son 70 m de altura.

      • #10 por Manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:04

        ¿Como que 70 metros? Vale, 70 metros, pero ¿desde onde?

  5. #11 por Roberto o 28 Xuño, 2012 - 09:59

    …bueno bueno, moita fervenza, espero que non sexa pola calor destes días… a miña fervenza dende hai seis días é no lombo, teño unha “subluxación lumbar” (carallo co nome, xa da medo) e como non mellore o conto véxome con caxato para tempo… non sei se unhas amigas miñas se asociarán antes dese día e irán, se van, que leven a Simba para tirarse “á bomba” e bailar algo con eses movementos de cadera que só él ten… en calqueira caso se alguén pasa cerca da mila casa eu ofrezo a repostaxe para axudar a Lourdes cos reaños de Pablo, axudar a Bu a coller impulso e a Piroco a soporta-la vengonza de tanto espectáculo, a nai de María pode entrar en calor rápidamente e a Manuel axudarao a conserva-la idade…. a Rosa, Ramón e Lupa folgos…. saúdos e bo humor…

    • #12 por pablofreire o 28 Xuño, 2012 - 16:41

      Pois non vos sei o que son os reaños.

    • #13 por Manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:02

      Ola Roberto; eu de maior quero ser coma ti e ter cousas tan importantes, unha subluxación lumbar. ¿Hai que estudar moito para iso?

      • #14 por maria e manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:26

        como queres a definición ¿en fisno ou en menos fisno?

  6. #15 por Roberto o 28 Xuño, 2012 - 21:38

    … pois mira, é ago así coma unha proba da forza da gravidade ou unha forma de loitar contra a mesma….

    • #16 por maria e manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:30

      en fisno reaños ou redaños: Fuerzas, bríos, valor.
      en menos fisno: collons,

  7. #17 por Manolo o 28 Xuño, 2012 - 23:58

    Pinto, Tina, Linda, María e Manolo estamos aprendendo a asubiar para cando sexa o momento de lanzarse; a Pinto e a min, como somos homes, cóstanos o de facer dúas cousas á vez, asubiar e desimular pero “estamos en ello”. Se ademais temos que lanzarnos, serían tres e aí si que xa non podemos

  8. #18 por maria e manolo o 29 Xuño, 2012 - 00:32

    ¿E si tiramos a curmá do señor Risco?

  9. #19 por Roberto o 5 Xullo, 2012 - 08:58

    bo día, definitivamente non poderei ir, a miña evolución é lentísima… menos mal que Manolo quere ser coma min de maior, maior xa son, peron non tanto oh…, pero nont e preocupes non hai que estudar moito, pero hai moitos pementos que apañar… jajajajaj… desexo que pasedes un excelente día, con fervenza ou non, saltando ou non, con reaños (en fisno) ou… feliz día da fervenza…..

  10. #20 por Marisa o 5 Xullo, 2012 - 10:23

    Gracias, Roberto, y recupérate para la próxima!!!
    Iremos Akila, Greta, Lucía y Marisa desde La Coruña
    Aun no hemos decidido si nos bañaremos…

  11. #21 por antonia o 5 Xullo, 2012 - 18:27

    Hola, estou valorando acercarme a Hipercor o domingo, con Duna. É unha decisión lenta porque perdín a costume. Sabedes qué pronóstico de tempo temos?

  12. #22 por Drow Labrador Ret o 6 Xullo, 2012 - 00:44

    Drow+1 para a saída do domingo a Carboeiro!

  13. #23 por Gonzalo o 6 Xullo, 2012 - 21:29

    Max, Lobo y Gonzalo. Directos a Carboeiro.

  14. #24 por mkegybqkeoz@yahoo.co.uk o 2 Marzo, 2014 - 04:09

    I think this is a real great post.Thanks Again. Awesome.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s