Saída Ecolóxica

O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.


1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.


Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.

Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Advertisements

, ,

  1. #1 por Manolo o 11 Xuño, 2012 - 22:52

    Tres de dúas e tres de catro patas. Linda, Pinto e Tina con Anxo, María e Manolo.
    Saúde e saúdos.

  2. #2 por Marisa o 14 Xuño, 2012 - 08:37

    Nadie mas???? Lucia, Marisa, Akila y Greta nos lo estamos pensando, pero ir desde Coruña si no hay quorum… Mañana decidimos

  3. #3 por Anónimo o 14 Xuño, 2012 - 10:45

    son maria irei con piroco ,bu e manuel como minimo

  4. #4 por David o 15 Xuño, 2012 - 12:22

    Voy con jordi!

  5. #5 por Lucía o 15 Xuño, 2012 - 14:49

    Akila y Lucía nos apuntamos y llevamos empanada! Nos vemos en el Corte Inglés!! Hasta mañana!

  6. #6 por Gonzalo o 15 Xuño, 2012 - 21:36

    Max, Lobo y Gonzalo. Si podemos iremos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s