Geocaching…

20120425-135116.jpg

Geocaching, menuda palabra! Hoxe imos falar dunha actividade que podedes engadir ós paseos que dades cos vosos cans.
O geocaching non é máis que a versión modernizada da coñecida por todo o mundo Buscar o Tesouro. Coa chegada, hai uns anos, dos GPS persoais comezou esta nova actividade pero é agora coa popularización dos teléfonos intelixentes (smartphones) que integran GPS cando se está comezando a popularizar realmente.
Pero que demo é o geocaching? Pois ben, penso que a maneira máis sinxela de explicalo é poñendo un exemplo. Saio da casa co meu can e diríxome cara o monte, así facemos un pouco de exercicio (os dous). Como hoxe imos sen compañía busco no meu telefono se hai algún cache(o tesouro) preto. Localizo un nas inmediacións e usando o GPS do teléfono sígolle a pista. Logo dun agradable paseo chego ó lugar onde está agochado o cache e póñome a buscar. Conseguido! atopo o tesouro, firmo no libro e volvo a agochalo para o seguinte cazatesouros.
E basicamente esta é a dinámica do geocaching, usar un dispositivo con GPS para atopar un contedor. Os contedores adoitan ser caixas plásticas onde podes atopar case que calquera cousa, dende unha simple folla de papel onde deixar rexistro de que pasaches por alí ata obxectos da máis diversa índole. Respecto ós caches (tesouros) non hai que esquecer nunca unha regra básica, se queres quedar co tesouro tes que deixar no contedor algo de igual ou maior valor.

20120425-140417.jpg
Na Internet hai distintas comunidades de geocaching, se vos picou a curiosidade podedes votarlle un ollo a http://www.geocaching.com ou a súa versión en castelán http://www.geocaching-hispano.com aquí podes atopar os tesouros que hai escondidos e ler un pouco máis sobre o geocaching. Esta comunidade da soporte mediante unha aplicación de pago a case que tódolos dispositivos pero é importante non esquecer que simplemente cas coordenadas do cache podemos ir na súa procura con calquera aplicación gratuíta GPS que teñamos no noso dispositivo.

20120425-134310.jpg

E xa para rematar só dicir que no emprazamento da saída deste domingo hai escondido un cache así que os que esteades interesados podedes probar a experiencia.

Advertisements

, , ,

  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s