Normas para as saídas

Ola a todos, aproveitando que este mes teremos varias saídas queremos recordarvos que para que todo vaia sobre rodas temos que manter uns mínimos de organización. A continuación tedes un pequeno recopilatorio de recomendacións que para os que levades tempo no club xa coñecedes e para os máis novos veredes como seguindo estas pequenas directrices conseguimos que as saídas sexan sempre un éxito.

SOBRE A SAÍDA:

– Quedamos no punto de saída en Santiago, os que queiran ir en furgoneta teñen que avisar con antelación.
– Ao chegar ao lugar da ruta vemos o tema de “loxística” (onde deixar os coches) que normalmente será no punto de chegada.
– As camiñatas adoitan ser de 8-12 kilómetros e a idea é facer a ruta antes de xantar, polo que para o camiño é aconsellable levar auga e algo de picar.
– Para xantar levamos todos un pouco de algo (UN POUCO), para compartir (si se quere, evidentemente).
– Se hai tempo e ganas dáse outra voltiña pola zona despois de xantar, ou senón, simplemente pasamos a sobremesa de parola.


– Cada un marcha cando o desexe, salvo os que veñan en furgoneta que marcharán todos xuntos, evidentemente.
– Organizámonos en cada saída a través do blog: https://sollesfaltafalar.wordpress.com


SOBRE OS CANS:

– Sabemos que os nosos cans son bos e están socializados, pero cada un ten que facerse responsable do seu. Aproveitade estas saídas para aprender das nosas mascotas e tamén uns dos outros.
NON se debe de dar de comer aos cans cando están todos xuntos. Inda que poida parecer o contrario, pode crearse un conflito e orixinar unha pelexa. Inda que nós non o notemos, os cans vanse marcando uns a outros durante o día.
– Se queres darlle de comer ao teu can, busca un lugar afastado da manada, así comprobaredes que non hai ningún problema.

SOBRE NÓS:

– Levade roupa cómoda e deportiva: tenis, chandal, botas de monte…Se chove roupa de auga, se fai calor sombreiro, crema protectora, auga…. o que a lóxica vos dite.
– Se a ruta é moi longa para algún non deixedes de vir por iso, búscanse opcións para a xente que non a poida facer completa, pero avisade e atoparemos seguro unha solución.

E SOBRE TODO:

– Disfrutade da saída, da paisaxe, da compañía, dos vosos cans…porque a experiencia sempre é única!

Un saúdo a todos.

  1. #1 por mamen o 18 Febreiro, 2014 - 19:14

    prfecto lo de las normas, ahora queda ser consecuente, aunque no tengo ni la menor duda de que así es siempre.

  2. #2 por Nieves Mariño o 2 Marzo, 2017 - 22:37

    No soy capaz de ver vuestra web así que no sé cómo pude mi perro pasar el test de caracter

Deixa unha resposta a Nieves Mariño Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s